Ir al contenido

Servizos

Cousiñas que facemos

 

Cursos Oficiales de Ocio e Tempo Libre 

A Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto esta recoñecida pola Xunta de Galicia e figura no Rexistro oficial co código G-106. En base a isto impartimos cursos oficiais de Monitor de Actividades de Ocio e Tempo Libre, Director de Actividades de Ocio e Tempo Libre e Director de Campos de Voluntariado homologables en toda España.

Cursos de Formación Complementaria 

(Non homologados)

Con cursos monográficos trataremos de especializar ao persoal técnico de tempo libre xa en activo. Deste xeito impartimos cursos tematicos como os que siguen:

  • Monitor acompañante de transporte

  • Monitor de actividades en entornos naturais

  • Plans de reciclado: creatividade e deseño de actividades

  • Monitor de actividades de supervivencia

  • Monitor de sendeirismo e técnicas de campismo

 

Organización de actividades ludicas, sociais e culturais  

Pretendemos que parte da nosa pegada chegue fora das nosas aulas. Ser parte dun pequeno motor social, ambiental e cultural, non quedarnos soamente na formación e non ser simples espectadores senón membros activos no cambio que imos construíndo tódolos días.

Queremos que a Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto sexa ponte, que una xente e propoña solucións sostibles, sensibilice sobre a biodiversidade, inspire accións locais reais, e poña en valor a cultura, as prácticas educativas e o compromiso comunitario. Que o aprendido non quede agochado, se que saia á rúa.