Sobre nós
Cómo somos?
Un pouco de nós
Na Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto temos un único obxectivo: poñer o noso gran de area para mellorar o sector do ocio e o lecer educativos.
O proceso que escollimos para a toma de decisións baséase na avaliación constante e contínua dos nosos alumnos, do noso funcionamento interno e dos cambios que imos vendo na sociedade.
Todo isto para tratar de construír relacións productivas e duradeiras, para ter un impacto positivo a través das nosas accións.
Unha comunicación clara e constante é a chave do éxito.
Código de calidade nas nosas actividades
O noso enfoque está deseñado para ofrecer unha formación directa, personalizada e baseada nas experiencias reais das persoas formadoras. Trátatase de ser accesible, confiable e, sobre todo: útil e trascendente.
Prestamos moita atención aos detalles para crear experiencias educativas enriquecedoras e sostibles que impulsen o desenvolvemento da xente que invirte tempo e aprender e mellorar con nos.
Comezas coa persoa alumna, descubres o que lle gusta e motiva e intentas facer da súa formación unha experiencia única.
Xentes inesquecíbles!
Coñece ao noso equipo de educadores
Educadores especializados que se encargan de marcar a diferencia.
Sergio Palleiro (Palle)
Director da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto
Director do segundo nivel de formación
Docente de Socioloxía, Psicoloxía, Metodoloxía Educativa, Animación deportiva, e o Grupo que ademais é Monitor de ATL, Director de ATL e Director de Campos de Voluntariado ademáis de Pedagogo.
Paulo Vázquez
Tesoureiro da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto
Director do terceiro nivel de formación
Docente de Medios Audiovisuais, Educación Ambiental, e Animación á lectura con empla experiencia como Xestor de Voluntariado, Educador Ambiental, Interprete do Patrimonio Ambiental e Cultural e Monitor de ATL que temén é Biólogo e especialista en Proxectos de Voluntariado Internacional.
Borja Pérez
Secretario da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto
Director da formación non homologada
É o docente habitual de Lexislación, Programación e Xestión, Campismo, Orientación e marchas e Recursos que, ademais, é Monitor de ATL, Director de ATL e Director de Campos de Voluntariado, Educador Ambiental e Intérprete do Patrimonio Ambiental e Cultural.
Susana R. Farinha
Directora do primeiro nivel de formación
Docente
Docente de Animación Teatral, Expresión plástica, Expresión Teatral, Educación Ambiental... é Bióloga, Monitora de Actividades de Ocio e Tempo Libre, Intérprete de Patriomonio, Educadora Ambiental, Escritora de obras de teatro, Directora de agrupacións amateurs de teatro e Actriz de teatro amateur.
Laura Dapía
Docente
Docente nas materias de Socioloxía, Medios Audiovisuais, O Grupo, Drogodependencias... de formación é Monitora de Ocio e Tempo Libre, Pedagoga con maestría en Educación Social
Inma Soto Iglesias
Docente
Docente de Animación á lectura, Expresión Teatral, Educación Ambiental, Xestion de Recursos, Metodoloxía Educativa... é Bióloga, Monitora de Actividades de Ocio e Temp Libre, Intérprete de Patriomonio, Educadora Ambiental, Contacontos, Escritora contos infantís e xuvenís, Nai de "Xela, a Superheroína de Aldea" e Actriz de teatro amateur.
Andrea Tuñas
Docente
Docente de Animación, Primeiros Auxilios, Actividades Deportivas... Ampla experiencia como Monitora de Actividades de Ocio e Tempo libre e coa titulacion de Técnico Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportiva
Cristian Vázquez
Docente
Docente no área de Educación para a Saúde, Diversidade Funcional e O Xogo, con formacion en Técnico de Hixiene Bucodental, Educador Social, Técnico Superior en Animación Sociocultural y Turística, Monitor de Actividades de Ocio e Tempo Libre.